top of page

 

A nosa vila chámase Ares,

Ares é un pequeno concello costeiro da provincia de A Coruña (Galicia).

Exténdese porla franxa costeira que vai desde a entrada á ría de Ferrol ata o porto de Redes.

Vivimos a carón do mar e temos moita historia.

Historia

Fundada polos celtas, existe constancia do paso de romanos, suevos e a destacar é o asentamento dunha colonia de xudeus  na Baixa Idade Media, que chegaron á vila escapando da persecución dos Reis Católicos  establecéndose no século XV no barrio de O Porto, á carón do mar, para traballar no comercio do sal. 

A importancia que tiña esta colonia era tan grande que chegaron a ter a súa propia sinagoga, da que aínda se conserva unha parte da estrella de David que hoxe serve coma dintel dunha casa.

Estes xudeus foron máis tarde expulsados por mar e outros asasinados.

 

Está situado no "seo dos ártabros", pobo de raza celta que a ocupou e do que quedaron moitos vestixios, así como de outros pobos que nela se estableceron ou por ela pasaron.

Descoñécese a etimoloxía de Ares, aínda que poidera ser fenicia xa que Ara Solis era unha cidade deste pobo en Fisterra.

Hai quen afirma que a súa orixe é grega como o historiador Benito Vicetto, e que en Montefaro, monte en cuxa ladeira está a vila, había un templo ao Sol. Hai uns anos apareceu unha pedra cun disco solar, que poidera corroborar esta teoría. No mesmo monte hai un lugar chamado "Pena bailadora" que alude ao monumento megalítico celta.

Ares era o nome que os gregos daban ao seu deus da guerra.

Outros pensan que a nosa ascendencia é céltica xa que AR e ARU é de raíz celta e indica Deus e con este nome e derivados fundaron numerosas vilas na zona que ocuparon: Ares, Areosa, Arosa...

Descoñecemos razas anteriores á celta. Deles quedou abundante léxico na toponimia: Ijobre en San Vicente de Caamouco, parroquia do Concello; Castro e Mayobre en Ares; Catro, Cruz dos Castros na parroquia de Cervás e Lubre, o máis representativo, o lugar sagrado para este pobo celta.

Estiveron tamén os suevos, os árabes (que só o facían nas "razias"), os ingleses, que desembarcaron no ano 1719 no areeiro de Chanteiro. Os franceses estiveron dúas veces na Vila, no ano 1808 e 1823.

A Casa dos Andrade exercía o seu señorío no municipio e percibía a renta de froitos chamada "Pan de Chanteiro" que se recollía en Lubre.

Entre as familias fidalgas de Ares podemos citar aos Baamonde, da que desdende o Caudillo; os Solloso, ilustre familia de escribanos e canónigos, D. Francisco Bermúdez de Castro e Sangro, señor do Piñeiro, pazo hoxe reconstruído en San Vicente de Caamouco, que se distinguiu na loita contra os franceses en 1808 e foi comisionado pola Xunta Suprema de Galicia a Londres.

O ensino tivo importancia en Ares, onde había un importante núcleo de fidalgos que enviaban aos seus fillos á Universidade.

Modernamente, e a principios do século XX os emigrantes da Vila na illa de Cuba fundaron a "Alianza Aresana de Instrucción", institución decana en Galicia para a Educación.

Riquezas de Ares no pasado tamén foi o viño, así como outra riqueza que deu sona e renome á Vila foi a pesca. Os cataláns déronlle fama e poderío cando se estableceron no século XVIII

Na actualidade a vida en Ares está adaptada ao fenómeno socio-económico do noso tempo: o Turismo. É unha vila veraniega, con boas praias: Raso, Ares, Chanteiro e vistas panorámicas como a que se pode divisar desde Montefaro.

 

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page