top of page

Igrexa parroquial San Xosé -Ares

 

  • Dirección: Calle Rectoral, 19

  • CP: 15624

  • Localidade: Ares

  • Provincia: A Coruña

  • Teléfono: 981 468 130


​IGREXA DE SAN JOSÉ DE ARES

A Igrexa de San José de Ares é unha construcción edificada no ano 1721 e máis tarde no ano 1868 polo cardeal arcebispo García Cuesta nomeándoa como a igrexa matriz.

Máis tarde foi remodelada polo arquitecto Xulio Galán Carvajal a comezos do século XX.

O edificio ten unha estrutura rectangular na súa planta con tres naves e presbiterio cadrado e varias capelas.

Na nave principal temos tres tramos enmarcados por arcos faxóns e formeiros que teñen no seu interior unhas bóvedas de aresta.

A sanscristía atópase no muro setentrional do presbiterio e accédese a ela por unha porta situada no muro do leste.

No seu lateral esquerdo foi engadida unha torre campanario de deseño moi sinxelo.

A súa cuberta esta deseñada a dúas augas de tella curva.

 


HERMELINDA

Hermelinda era a protagonista que aparecia nun libro de fotografías de Ares. Era unha veciña que comezou a traballar nos anos 50 como repartidora do diario "La Voz de Galicia".

Na súa honra podemos ver na actualidade unha escultura en bronce, realizada por MIguel Couto e situada ao lado da porta da Igrexa, onde adoitaba poñerse cada día para vender os xornais que lle quedaban logo de repartir aos suscriptores.

 

RELOXO - CALENDARIO SOLAR. PARROQUIA S. JOSÉ DE ARES
 

A historia do reloxo solar comeza cando se adicou un ciclo de conferencias na Coruña, no IES de Elviña ao que acudiu un sacerdote e profesor de matemáticas italiano a dar unha charla, Alberto Cintio. Ademáis era un dos maiores expertos en reloxos solares do mundo.

A directora do IES de Elviña, natural de Ares convenceu ao profesor para que visitara a vila e durante esta trabou amizade co sacerdote Antonio García, párroco de Ares.

O sacerdote namorouse da vila de Ares comparándoa coa súa localidade natal, Santa María de Altidona, no Adriático. Prometeulle aos seus amigos que lles enviaría un agasallo pasado un mes
. E pasado este tempo recibiron un paquete enorme que contiña nada menos que o reloxo de sol de mármore travertino.

 

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page