top of page

SALAZÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

http://www.dailymotion.com/video/xl2qld_salazon-de-ares-a-coruna_lifestyle

 

 

Durante séculos a vila de Ares tivo na pesca e a salazón da sardiña o seu principal recurso económico.

 

Os almacéns, fábricas de salgadura, estaban situadas na maioría das casa da primeira e a segunda liñas de praia. Eran fábricas familiares de salgadura onde utilizaban un proceso totalmente artesanal, nun principio para autoconsumo do peixe cru para a súa conservación.

Utilizouse esta técnica ata mediados do século XVIII, cando chegaron os cataláns a Galicia con novas artes de pesca e de salgadura, que aumentaron a producción e permitiulles crear canles comerciais en España, e mesmo con Cuba.

Esta industria ocupou a moita xente ata os anos sesenta, secándo ou salgando o peixe, que podemos ver visitando o Museo da Salazón, o almacén dos Pedrafeita, hoxe en día convertido en taberna.

 

 

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page